Buscar

 

Labdoo é unha rede humanitaria global que recolle, repara e recicla ordenadores portátiles en desuso para entregalos a escolas onde sexan necesarios. Ademáis, para non contaminar o medio ambiente, o transporte dos equipos faise por persoas que vaian ao punto de destino do ordenador.
O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel forma parte desta rede, sendo os alumnos da familia de informática quen reparan os equipos se fai falla, e instalan o sistema operativo e os programas educativos no idioma do país ao que se lle enviará o portátil.
Até o intre, Labdoo xa enviou portátiles a máis de 1000 escolas de 120 paises, sendo máis de douscentos oitenta mil os estudantes beneficiados polo proxecto a nivel mundial.


A rede está integrada por puntos de recepción, que son centros encargados da súa recollida, posta en funcionamento e envío ao colexio destinatario.
Se queres donar un ordenador portátil que non utilices, podes entregalo a calquera profesor do departamento de informática ou na conserxaría do centro.
Visita a web de Labdoo para ver toda a información do proxecto : www.labdoo.org
Nestes videos podes ver información dos pasos que se seguen para sanear un ordenador portátil e envialo a unha escola que o precise:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=mTsjPgyPoU0
https://www.youtube.com/watch?time_continue=39&v=KMLAoeq0T54
http://www.cifpcarballeira.es/images/orientacion/OrientaInternet.zip

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook  canal Youtube