QUE É A BOLSA DE EMPREGO?
O CIFP A Carballeira Marcos Valcarcel conta con una bolsa de emprego coordinada pola xefatura do DIOP( Departamento de Orientación e información profesional) Como Centro Integrado de Formación Profesional, o C.I.F.P. imparte ensinos regulados de formación profesional (ciclos formativos). Estes ensinos englobanse dentro das familias profesionais : Informática, Sanidade e Química.
Os seus obxetivos son:
• Facilitar a inserción laboral dos alumnos do centro.
• Contactar coas empresas relacionadas coas familias profesionais.
• Contactar con colectivos e asociación que no seu entorno encárganse de facilitar a inserción laboral.
• A nosa bolsa de traballo NON ten como fin a SELECCIÓN DE PERSOAL senón exercer como canle transmisor de información laboral: POÑER EN CONTACTO OFERTA E DEMANDA DE EMPREGO.
Por iso, Bolsa de Traballo ten á disposición das empresas traballadores , cunha ampla formación e capacidades adaptadas ás súas necesidades.
Responsable:
Xefe de Departamento de Orientación e Información Profesional.
© 2021 CIFP Carballeira