Buscar

pontevirtual

Por parte da USC estanse a organizar os "Encontros Virtuais" da USC, orientados a estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión a toda a sociedade. Nestes encontros estarán recollidas todas as titulacións de Grao da USC,tendo lugar os dias 6,7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da web da USC. Esta páxina web estará dispoñible dende o Sábado 4 de abril, no enderezo web:

Encontros Virtuais da USC

Através desta páxina o alumnado poderá atopar: presentación das titulacións,obradoiros, retos,..,opinión de alumnos/as sobre a titulación, pílulas relacionadas coa titulación,concursos, posibilidade de interactuar por videoconferencia cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas (na ligazón de cada titulación indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias), etc.

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook canal Youtube Instagram