Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.

Data de publicación29.03.2017

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 30 de marzo ao 29 de abril de 2017, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar o recursos de alzada reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e posteriormente entregala nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa mencionada.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia:

http://www.edu.xunta.es/fp/definitivas-admitidos-acreditacion-2017
 

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook  canal Youtube