DATAS DAS REUNIÓNS GRUPAIS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS:
IMPORTANTE...!
As reunións grupais vanse levar a cabo mediante VÍA TELEMÁTICA.
Na páxina (https//ciug.gal/gal), na pestana "probas de acceso á universidade" atópanse os prazos para poder realizar a matrícula das probas ABAU.
Resumindo, matrícula anticipada na ABAU (para titulados de FP en 2020 e titulados de FP e Bacharelato de anos anteriores) do 1 ao 17 de Xuño.
Lugar: Preferentemente en NERTA (https://www.edu.xunta.es/nerta/) Excepcionalmente e con cita previa no Lerd correspondente.
Nota: Ver o documento completo en https://ciug.gal/gal pestana: "probas de acceso á universidade" ABAU.
Para máis información poden dirixir as súas preguntas ao enderezo electrónio do departamento de Orientación do CIFP A Carballeira-Marcos Vlacárcel: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Departamento de Información e Orientación Profesional do CIFP A Carballeria Marcos Valcárcel.
O Departamento de Información e Orientación Profesional pon a disposición da comunidade educativa, unha dirección de correo electrónico gmail para facer calquera consulta relacionada coa orientación persoal, académica e profesional, tendo en conta neste momento a no presencialidad a consecuencia da pandemia covid19.
A dirección é a seguinte:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Por parte da USC estanse a organizar os "Encontros Virtuais" da USC, orientados a estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión a toda a sociedade. Nestes encontros estarán recollidas todas as titulacións de Grao da USC,tendo lugar os dias 6,7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da web da USC. Esta páxina web estará dispoñible dende o Sábado 4 de abril, no enderezo web:
Encontros Virtuais da USCAtravés desta páxina o alumnado poderá atopar: presentación das titulacións,obradoiros, retos,..,opinión de alumnos/as sobre a titulación, pílulas relacionadas coa titulación,concursos, posibilidade de interactuar por videoconferencia cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas (na ligazón de cada titulación indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias), etc.
O día de onte xoves 12 de Marzo, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación emitiu un comunicado na súa páxina web e polos medios de comunicación onde recomenda a Suspensión temporal da actividade lectiva nos centros educativos da comunide por o risco derivado do contaxio do Coronavirus ou Covid-19.
Dende o centro, recoméndase a todo o alumnado respectar as normas emitidas polos expertos sanitarios e autoridades competentes, permanecendo nos fogares e evitando na medida do posible comparecer en lugares pechados e onde haxa moita aglomeración de xente, evitando desta forma o contacto directo, tamén manter a hixiene lavando e desifectando as mans antes de inxerir calquera tipo de alimento, e evitar tocar a faciana.
Recordade que é unha situación extraordinaria, e que si todos poñemos da nosa parte pódese chegar a evitar en gran medida que o contaxio se extenda.
Tedes máis información na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
E tamén na web do Ministerio de Sanidad y Consumo:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm
© 2021 CIFP Carballeira