Buscar

INFORMACIÓN E CONSELLOS PARA A  MATRÍCULA DISTANCIA.


O Ciclo que ofertamos no CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel na modalidade a distancia é o “Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Web. Oferta modular”.

Título que se obtén.

Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Contorno profesional.

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

 

 

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:

¾      Programador/ora web.

¾      Programador/ora multimedia.

¾      Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.

Duración.

Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño.  Cando teñas superados todos os módulos, poderás realizar, de outubro a decembro,  as prácticas en empresas (máis o módulo de Proxecto).

¿En cantos módulos me matriculo?

Nesta modalidade podes elixir o número de módulos dos que te queres matricular. Ten en conta as túas circunstancias laborais, familiares, etc., e tamén o número de horas que terás que dedicar a cada un, para calcular cantos módulos podes ser capaz de superar.

Para calcular o tempo que lle terás que dedicar a cada módulo, en función do número de horas semanais de cada un, podes guiarte polo seguinte:

  • Supoñamos un módulo de 4 horas semanais, como por exemplo LIMA.
  • Conta con esas 4 horas semanais nas que, se estiveses nunha modalidade presencial terías que asistir a clase.
  • Pero non che chegarán, pois en presencial tes un profesor que che explica a materia, pero en distancia este traballo telo que facer ti.
  • A maiores, tes que contar con unhas cantas hora máis, que son as horas que terías que dedicar en presencial, a realizar as tarefas que che pediría o profesor, a estudar e profundar na materia, a consultar os enlaces propostos no material que se che proporcionará, a buscar material adicional se o precisas, etc.

 

E dicir, ten en conta que o número de horas que lle tes que dedicar a un módulo en distancia, é bastante maior que no mesmo módulo en presencial.

Módulos profesionais:

MÓDULOS DE PRIMEIRO ANO

HORAS

Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información

133

Sistemas informáticos

186

Bases de datos

187

Programación

240

Contornos de desenvolvemento

107

Formación e orientación laboral

107

MÓDULOS DE SEGUNDO ANO

HORAS

Desenvolvemento web en contorno cliente

157

Desenvolvemento web en contorno servidor

175

Despregamento de aplicacións web

88

Deseño de interfaces web

157

Empresa e iniciativa emprendedora

53

MÓDULOS A REALIZAR UNHA VEZ SUPERADOS TÓDOLOS ANTERIORES

HORAS

Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web

26

Formación en centros de traballo

384

¿En que módulos me matriculo?

A recomendación xeral é que antes de facer os módulos de segundo ano, fagas os de primeiro ano.

De todos modos, se non tes praza nos de primeiro, e te queres matricular en algún de segundo, a continuación se relacionan os coñecementos previos que deberías de ter para poder cursar os módulos con normalidade (aqueles módulos que non se relacionan aquí, é porque non precisan de coñecementos previos):

 

 

  • Desenvolvemento web en contorno servidor, é preciso ter coñecementos de
    • HTML (vese no módulo Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información)
    • Programación orientada a obxectos (vese no módulo Programación)
    • Cara final de curso un pouco de Javascript (que se ve en Desenvolvemento web en contorno cliente).
    • Polo tanto recoméndase, que teñas xa superados os módulos de primeiro Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información e Programación e que te matricules ao mesmo tempo de Desenvolvemento web en contorno cliente.
  • Bases de datos, non é preciso ter coñecementos previos, salvo cara o final de curso que é preciso haber visto algo de programación. Polo tanto recoméndase que te matricules ao mesmo tempo en Programación.
  • Contornos de desenvolvemento, precisas coñecementos de programación. Polo que se recomenda que te matricules ao mesmo tempo en Programación.
  • Desenvolvemento web en contorno cliente, precisas coñecementos de programación.
  • Despregamento de aplicacións web, e conveniente manexar linux, virtual box (ou outro programa de virtualización), e ter coñecementos básicos de configuración de redes en equipos e máquinas virtuais. Estes coñecementos adquírense no módulo “Sistemas informáticos

 

 

 

 

Renuncia de matrícula:

Recorda que si te arrepintes de te haber matriculado dalgún módulo, aínda estás a tempo de renunciar a el sen que che corra convocatoria. Para esta renuncia, todos os cursos se abre un prazo, de aproximadamente 15 días en setembro - outubro (para saber as datas exactas, preguntar en secretaría).

Ten en conta que para superar cada módulo tes 4 convocatorias (máis unha extraordinaria, se che é concedida pola consellería, que terías que solicitar), cada vez que te matriculas nun módulo, aínda que non chegues a presentarte aos exames, perdes unha convocatoria, sempre e cando non renuncies á matricula de dito módulo no prazo antes mencionado.

Máis información:

 

 

 

 

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook  canal Youtube