Buscar

Aquí podedes ver os proxectos de "Innovación Tecnolóxica e Didáctica" premiados do noso centro.

Familia profesional de Química.

congreso_innovacion_proxecto_14-152014-15 Análise da presencia de metais en solos de viñedos e as posibles consecuencias na industria vitivinícola.

Neste proxecto fixéronse análises que puidesen determinar a posible existencia de metais en solos de viñedos da denominación de orixe Ribeiro así como nas uvas. Mediante esta análise discerniuse se hai migración destes metais desde o solo ata as uvas a través da planta contando para o desenvolvemento coa colaboración das bodegas Señorío de Beade. Por medio destas análises tratarase de establecer cales destes metais poden afectar á calidade e salubridade do produto final dado que algúns deles son susceptibles prexudicar a saúde dos consumidores ou provocar problemas de turbidez ou alteración da cor no viño.

Visualiza o Documento do proxecto do curso 15-162015-16 Vinculación de ciclos formativos da familia profesional de química co entorno produtivo a través de prácticas de laboratorio.

Este é o primeiro dos catro proxectos de innovación didáctica premiados no Departamento de Química do CIFP A Carballeira. Desenvólvense prácticas de laboratorio relacionadas con control exhaustivo de calidade do viño que desembocan no manual de prácticas correspondente. Con este proxecto trátase de vincular a docencia que se desenvolve nos espazos docentes coa demanda do entorno produtivo, neste caso as catro denominacións de orixe vitivinícolas (das cinco galegas) presentes na provincia de Ourense.

Visualiza o Documento do proxecto do curso 17-18 2017-18 Contextualización á realidade socioeconómica dos contidos de ciclos das familias profesionais de química e sanidade: unha aproximación experimental.

O traballo céntrase no deseño e elaboración de material didáctico para realizar prácticas de laboratorio que permitan determinar parámetros de control de calidade en augas termais e minerais. Ao mesmo tempo, preténdese favorecer a empregabilidade e inserción do alumnado das citadas familias profesionais neste sector. No desenvolvemento do proxecto contouse co asesoramento e cooperación da empresa Augas de Sousas.

congreso_innovacion_proxecto_14-152018-19 Técnicas analíticas aplicables ao sector alimentario.

Neste proxecto de innovación didáctica trátase de entroncar o adestramento relacionado coas análises de mostras de tipo alimentario que o alumnado recibe nos laboratorios do Departamento de Química da Carballeira, coa demanda que este sector precisa de técnicos altamente cualificados. Todo isto dá como resultado o material didáctico correspondente baixo o auspicio e colaboración da empresa Aceites Abril SL.

Visualiza o Documento do proxecto do curso 19-202019-20 Métodos analíticos de control medioambiental.

Esta iniciativa está relacionada coa revalorización dos aspectos medioambientais e as súas repercusións na saúde da poboación que se aprecia nos últimos anos. A sociedade exixe asumir a responsabilidade dos novos retos para resolver os problemas derivados dos factores de risco ambiental. Por iso, desde o Departamento de Química do CIFP A Carballeira, proponse asociar a docencia a esta problemática mediante a adaptación de métodos de análise de control medioambiental á docencia no laboratorio. Desta forma o alumnado pode adquirir o coñecemento e a formación axeitadas a unha demanda cada vez maior de profesionais deste tipo no sector medioambiental. O proxecto conta con Viaqua como entidade colaboradora.

Familia profesiona de Informática.

O proxecto desenvolvido no Curso 15/16 foi o “Deseño dunha aplicación informática que simula un servizo de teleasistencia”, foi elaborado conxuntamente polo profesorado dos centros CifP Portovello de Ourense e profesores do departamento de Informática do Cifp A Carballeira, trátase dunha aplicación informática que permite simular as tarefas que se desenvolven nunha central de teleasistencia. Para o adestramento do alumnado, creouse esta ferramenta informática que emula unha central de Teleasistencia.

Pódese apreciar unha imaxe da pantalla principal de acceso a aplicación, así como unhas imaxes o día da presentación dos proxectos en Santiago:

 

 

foto1 prox inova foto2 prox inova

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook canal Youtube Instagram