
Enmarcado no programa FP Emprende o noso viveiro de empresas ten como obxectivo facilitar ao alumnado espazos e asesoramento axeitados para a posta en marcha dun negocio ou de proxectos empresariais viables.
O viveiro do noso centro é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha o teu proxecto empresarial axudándote a reducir os costes iniciais.
As nosas instalacións contan con 4 postos provistos da moblaxe básica propia dunha oficina, cos equipamentos informáticos e de telecomunicacións axeitados.
Ofrece os seguintes servizos de forma totalmente gratuíta:
- Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
- Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet. Difusión da túa empresa a través da páxina web www.edu.xunta.es/fp.
- Se tes un proxecto empresarial ou unha idea que cres que podes convertir en negocio, ACHÉGATE ó viveiro de empresas.


- Alumnado matriculado (ou que rematara os seus estudos nos últimos catro anos) nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: formación profesional, artes plásticas e deseño; superiores de deseño, de conservación e restauración de bens culturais, de arte dramática, de música, de danza; deportivas, bacharelato e educación secundaria para persoas adultas (ESA).
- Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto.

Coordinadora: Carina Cabanelas Rouco
Mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfono: 988 221 312