O certificado do Sistema de Xestión da Calidade da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) está baseado na norma internacional ISO 9001, a ferramenta de xestión de calidade máis estendida do mundo con certificados en 184 países.

Entre as vantaxes deste recoñecemento está a mellora dos procesos, a redución de custes, ou o incremento da implicación dos profesionais.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu  o pasado 14 de xullo; na Cidade da Cultura o acto de recoñecemento da certificación de calidade para o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense, e o CIFP As Mercedes, de Lugo. Deste xeito, a totalidade da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional en Galicia contan xa con este recoñecemento do Sistema de Xestión da Calidade da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR).

Acompañado polo presidente de AENOR, Manuel López Cachero, e o director da Asociación en Galicia, Martín Pita, e xunto ao director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; a subdirectora xeral de FP, María Eugenia Pérez e os directores de ambos os centros; o conselleiro destacou o esforzo realizado por estes dous centros para, en tan só un ano, “reunir as esixencias de AENOR para acadar eses Certificados de Calidade” ademais de agradecer ao conxunto dos 19 CIFPs o “esforzo, dedicación e implicación total co alumnado como destinatario de todas as accións en prol da calidade que desenvolven”.

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook  canal Youtube