Novidade curso 2019-2020

 
-Sistemas Microinformáticos: 11 de abril 2019 ás 16h no salón de actos do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense. 
 
-Emerxencias: 11 de abril 2019 ás 17h no salón de actos do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense.

 

-Farmacia: 11 de abril 2019 ás 18h no salón de actos do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense. 
 

Accedendo ao seu expediente, na pestana 2.2, deberá confirmar a recepción da convocatoria da reunión e serverá de comunicación ao asesor.

Recordar que a asistencia á reunión é obrigatoria, e a falta de asistencia inxustificada provocará a perda de condición de admitido/a ao procedemento. A xustificación deberá ser presentada no centro nos cinco días seguintes aos da sesión, por escrito e acompañada da documentación xustificativa. 

Taxas.

Taxas. Se vostede foi admitido para iniciar o proceso de acreditación de competencias, para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases. Para a fase de asesoramento o xustificante de pago entregarase ao inicio da reunión grupal. No seguinte enlace pode acceder a toda a información relacionada http://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas

Para iniciar o pagamento de taxas acceda á Oficina Virtual Tributaria da Axencia tributaria de Galicia e siga a ruta Cidadáns Pago telemático de taxas e prezos > Iniciar taxa.

Pode xerar o modelo AI de autoliquidación de taxas para completar a man e presentar na oficina bancaria, no seguinte enlace Modelo autoliquidación.

 Códigos para cumprimentar o modelo A para a fase de asesoramento:
  •  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Código 07.

  •  Delegación de Servizos Centrais: Código 13.

  •  Servizo de Secretaría Xeral: Código 01.

  • Para a fase de asesoramento: Taxa denominación: Asesoramento do/a candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: Código 304201.
Taxa da fase de asesoramento

O candidato admitido para a realización da fase de asesoramento deberá aboar unha única taxa de 20,73 euros. O xustificante do pagamento deberáselle entregar ao asesor na primeira reunión de asesoramento que se realice, polo que será necesario tela realizada polo menos no día anterior.

O xustificante da taxa de avaliación entregaráselle á comisión de avaliación cando o candidato sexa citado para realizar esta fase, polo que non debe realizarse ata rematada a fase de asesoramento.

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook  canal Youtube