Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.10.03.2017

Prazo para realizar reclamacións: do 11 ao 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente entregala na sede onde está inscrito para realizar o procedemento ou por correo segundo o establecido.

Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.


Ligazón as listaxes de admitidos e excluidos do CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6998

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook  canal Youtube