Clicar para baixar 'Guía do PAS de nova incorporación'.
Mantemento correctivo.Parte de avaría: Tal e como se recolle no manual de procedementos PR.63.MAN, na sección de mantemento correctivo, se un profesor detecta algún tipo de avaría non informática ha de cubrir o parte de avaría correspondente. Unha vez cuberto o parte (e impreso no caso do formulario) haberá que entregalo ao Secretario (ou no se defecto Conserxería). É moi importante seguer este procedemento para manter un rexistro documental do servizo de mantementos.Calquera avaría non comunicada a través do parte correspondente NON SERÁ TIDA EN CONTA.
|
|
Parte de avaría informática: Para comunicar ao equipo de mantemento do centro unha avaría informática, débeselle enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , declarando o lugar onde se produce a data, a hora e o tipo de incidencia nun documento
|
|
Axudas de locomoción: Calquera membro do persoal docente que incurra en gastos por desplazamento para a realización das súas tarefas (titorías FCT, asistencia a reunións, acompañamento de alumnos en ACFs,...) pode reclamar ao centro a súa correspondente compensación económica. Para a súa solicitude descargar o formulario PDF adxunto e cubrilo. Unha vez rematado proceder á súa impresión e entrega debidamente asinado en Secretaría.
|
|
Proceso de compras:
Lémbrase a obrigatoriedade de entregar a folla de pedidos cuberta ao correspondente xefe de compras antes de solicitar o pedido. En principio non se poden facer pedidos que superen os 3000 €. De ser preciso un pedido por unha cuantía superior deberá solicitarse orzamento a como mínimo tres proveedores distintos. Unha vez se dipoña dos orzamentos deberá optarse por un deles indicando os motivos para escoller esa oferta frente ás outras. Se algún profesor fixo a compra pagando con diñeiro do seu propio peto, deberá descargar, cubrir e asinar o arquivo adxunto de reintegro por pago de facturas, e entregalo ao Secretario.
![]() |
|
Actividades complementarias á formación: Cada Departamento deberá remitir a principio de curso ao Secretario a proposta de ACF para o curso académico. A folla a cubrir é a MD85ACF01 Antes da celebración de cada ACF deberá cubrirse a folla MD85ACF02. Esta folla deberá ser entregada ao Secretario polo menos cunha semana de antelación sobre a data de celebración da ACF. A maiores deberá entregarse unha relación dos alumnos que está previsto que participen na ACF. Se hai alumnos menores de idade deberá solicitarse permiso aos seus titores legais para participar na ACF se esta ten lugar fora do recinto escolar. O documento a cubrir será o MD85ACF05. Para a realización de calquera ACF,hai que seguir de maneira obrigatoria as directrices que regulan a organización destas actividades. Esta información atópase no documento Directrices_ACFs.
|
|
© 2021 CIFP Carballeira