O vindeiros 24 e 25 de febreiro na Cidade de Cultura de Santiago de Compostela  terá lugar o Congreso de Innovación na Formación Profesional, para a presentación  de proxectos desenvolvidos dende a rede de centros educativos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

Neste evento estará presente o CifP A Carballeira-Marcos Valcárcel, con dous proxectos. Nun  deles  titulado “Análise da presenza de metáis en solos de viñedos e as posibles consecuencias na industria vitivinícola”  é autor o profesor de Química   Francisco Vázquez   Vázquez, coel analízase o contido de metais no solo antes e despois da vendima  co obxectivo de observar se existía unha diminución no contido destes metais nos solos e por outro lado ver se se rexistraban concentracións deles nas uvas. Mediante estas análises poderíase avaliar a adecuación dos abonos usados así como das prácticas agrícolas levadas a cabo no cultivo dos viñedos.

Outro dos proxectos presentado é o   “Deseño dunha aplicación informática que simule un servizo de teleasistencia”, elaboráno conxuntamente profesorado dos centros  CifP Portovello de Ourense e profesores do departamento de Informática do Cifp A Carballeira, trátase dunha aplicación informática que permite simular as tarefas que se desenvolven nunha central de teleasistencia, para o adestramento do alumnado, levou á creación dunha ferramenta informática que emula unha central de Teleasistencia, baixo a supervisión directa do profesorado.

 

 

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook  canal Youtube