Vinteún alumnos e nove profesores  de catro  centros de  FP farán  prácticas en Europa a través do  programa Erasmus.

A Farixa, A Carballeira, Portovello e 12 de Outubro constituiron un consorcio para a xestión conxunta da formación internacional.

Vinteún alumnos de Formación Profesional e nove profesores, perteñecentes aos  CIF A Farixa, A Carballeira e Portovello, e  o IES 12 de Outubro de Ourense, terán a oportunidade  de face-las  prácticas en empresas e  de acceder as becas de movilidade  para docentes, a desarrollar en países da Unión Europea. Farano a  través do Consorcio constituido polos mencionados centros ol pasado mes de marzo, para a xestión conxunta do novo programa Erasmus.


O  “denominado Consorcio FP Superior Ourense-Europa” permitirá optimizar recursos e unir sinerxias para ofertar  os programas Erasmus a preto de tres mil alumnos matriculados na Formación Profesional de grao superior, así como ao persoal que imparte docencia neles. No  acto participaron a xefa territorial de Educación, Mercedes Gallego; José Luis Vázquez, inspector de Educación, xunto cos directores dos cuatro centros mencionados e os  respectivos responsables de programas internacionales.

Os alumnos farán prácticas en empresas relacionadas cos estudos  cursados, en tanto que os profesores estarán en centros docentes de FP e/ou  empresas con actividades formativas, ao tempo que practicarán idiomas e vivirán outras realidades dentro do ámbito profesional e educativo.

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook canal Youtube Instagram